Información xeral sobre os cursos

InicioInformación xeral sobre os cursos

Cursos de formación permanente do profesorado certificados por administracións públicas e institucións educativas

Xunta de Galicia
Ministerio de Educación
CUID

Que validez teñen os cursos?

ANPE estableceu acordos con varias administracións educativas públicas e entidades educativas oficiais para ofrecer actividades de formación do profesorado homologadas e certificadas. Estas *actividades son válidas para concursos de traslados, sexenios e oposicións.

*GALICIA: O participante que se matricule nun curso en rede non poderá facelo noutro polo mesmo procedemento no mesmo período de tempo ou parte deste, (…). En caso de duplicidade, unicamente se recoñecerá unha das actividades.

(Artigo 10.1.e) da ORDE do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.

A quen van dirixidos os cursos?

Funcionarios/as de carreira

Docentes interinos e substitutos

Opositores/as

Titulados/as desempregados

Que finalidade teñen os cursos?

Para todo o profesorado en xeral, participar nunha serie de actividades de formación dirixidas á mellora das competencias profesionais

Para funcionarios/as de todos os corpos docentes que participen nas convocatorias anuais do concurso xeral de traslados

Apartado 5, máximo 600 horas (ata 6 puntos) por actividades superadas e 90 horas (ata 3 puntos) por actividades impartidas

Para funcionarios/as de todos os corpos docentes que necesiten obter o complemento de formación que dá dereito a cobrar os sexenios

100 horas (cada 6 anos)

Para aspirantes ao acceso á función pública, a realización de actividades de formación do profesorado puntuarán o que cada convocatoria determine

Apartado 3, formación académica (ata 2 puntos)

Para a acreditación da Competencia Dixital Docente que se poderá utilizar en todos aqueles procedementos autonómicos ou estatais que o requiran

Niveis A1, A2, B1 e B2

Cal é o baremo para as Oposicións?

Apartado 3.2 e 3.3 do baremo para oposicións:

3.2. Por actividades de formación superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo polo que se presente, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación e Formación Profesional por institucións sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades. Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuarán o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

3.3. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 3.2. Puntuarase con 0,1 puntos por cada 5 horas. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de horas inferiores a 5. Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Que temáticas se ofertan?

Competencia Dixital Docente (CDD)

Convivencia e diversidade

Lexislación

Metodoloxías activas

Especialidades

Acceso á Función Pública

Que modalidades teñen os cursos?

Presenciais

En liña

Por que os cursos de ANPE Galicia?

Profesionalidade

Calidade

Seriedade

Actualidade