Cursos en liña homologados pola Consellería de Educación (Xunta de Galicia)

InicioCursos en liña homologados pola Consellería de Educación (Xunta de Galicia)

Cursos Online Consejería

ANPE Galicia pon á túa disposición unha serie de actividades de formación do profesorado, froito do acordo subscrito coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

As actividades de formación a distancia (en liña) permiten realizar cursos a aquelas persoas que non poden facelos de forma presencial por diferentes motivos, xa sexan persoais ou profesionais, en función das súas necesidades e demandas.

Metodoloxía

Metodoloxía

Os cursos ofertados realízanse “en liña” a través da plataforma de formación de ANPE Galicia. Terás acceso en calquera momento aos contidos de cada curso, ademais dos diferentes elementos que formen parte del (foros, materiais descargables, sistemas de mensaxería, etc.). A avaliación dos participantes farase a partir dos traballos prácticos, as avaliacións parciais, a asistencia ás sesións presenciais, se fose o caso, o informe dos titores e a avaliación final.

Titorías

Titorías

Todas as dúbidas que teñas resolveranse por parte do profesorado responsable da titorización de cada actividade. Poderás contactar a través de foros, mensaxes enviadas dentro da propia plataforma ou por correo electrónico. Tamén se encargarán de xestionar os contidos do curso, dinamizar, orientar, revisar as tarefas propostas e avaliar a todos/ as os participantes.

Preinscrición

Preinscrición

O proceso de preinscrición nos Cursos de Formación de ANPE Galicia realízase en liña, empregando un dos dous accesos seguintes, segundo corresponda:

  • A preinscrición a estas actividades de formación pecharase 1 día antes da data de inicio.
  • Para poder completar a solicitude de preinscrición tes que achegar a documentación requirida.
  • Entrega do certificado final: Recibirás dous documentos. O primeiro, enviado directamente pola propia Consellería ao teu correo electrónico. O segundo, enviado desde ANPE ao teu correo electrónico. Se es titulado/a desempregado, desde ANPE enviaranse ao teu correo electrónico os dous certificados.
  • Pon especial coidado en completar ben os teus datos persoais, especialmente o teu teléfono e correo electrónico.
Documentación

Documentación necesaria

Necesitarás achegar a seguinte documentación no proceso de preinscrición:

Copia do DNI en formato PDF ou JPG

Copia dun destes documentos en formato PDF ou JPG

Se é funcionario/a, interino/a o substituto/a:

    • Nómina.
    • Nomeamento nalgún centro.
    • Captura de pantalla do apartado «3.1 Servizos» en:Datos persoais

Se é titulado/a desempregado:

  • Grao ou título (ou abono de taxas para a súa expedición).

Validez dos cursos

Cursos válidos para concursos de traslados, sexenios e oposicións, que poden ser realizados por:

Docentes con destino na Comunidade Autónoma de Galicia

Titulados/as desempregados

Oferta formativa