Centro Universitario de Idiomas Digital y a Distancia

InicioCentro Universitario de Idiomas Digital y a Distancia

Cursos de idiomas UNED

Centro Universitario de Idiomas Digital y a Distancia

ANPE Sindicato Independiente estableceu un convenio coa Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), para ofrecer cursos de formación e probas de certificación para a obtención dos títulos B1, B2, C1 e C2 en distintos idiomas (inglés, francés, alemán, portugués, italiano, linguas cooficiais, etc).

Idiomas: O CUID, Centro Universitario de Idiomas Digital y a Distancia da UNED promove a aprendizaxe de idiomas (incluídos o español e as linguas cooficiais de España), en colaboración cos centros asociados colaboradores. Os niveis están adaptados aos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ( MCERL).

Acreditación e recoñecemento: O CUID emite un certificado gratuíto por cada nivel superado. Os certificados inclúen un código de verificación cuxa autenticidade poderá ser comprobada por calquera organismo, e teñen o mesmo recoñecemento académico que o diploma, tamén dispoñible abonando 20€.

Válido para sexenios: O Ministerio de Educación, na Orde EDU/2886/2011, recoñece os certificados de calquera nivel do CUID a efectos de acreditación de formación permanente. A valoración será de 100 horas de formación por nivel, aplicables a concursos de traslados e sexenios. As persoas que desexen este recoñecemento deben solicitalo a través do campus virtual da UNED.

Metodología

Metodoloxía

Os cursos de idiomas da UNED realízanse nas modalidades semipresencial e en liña. A duración do curso é, en ambos os casos, de 150 horas lectivas.

Matrícula

Matrícula

O prazo de matrícula nos cursos de idiomas da UNED ábrese habitualmente no mes de setembro ata o mes de novembro.

Para matricularte, previamente terás que rexistrarte no Campus virtual da UNED.

Precios

Prezos

Os afiliados de ANPE (circunstancia que deberá facerse constar no momento da matrícula), están sometidos, por convenio, ao prezo bonificado da matrícula en cursos de idiomas das modalidades en liña e semipresencial, e no exame libre para acreditar nivel.