Cursos de formación permanente do profesorado certificados por administracións públicas e institucións educativas
Que validez teñen os cursos?
ANPE estableceu acordos con varias administracións educativas públicas e entidades educativas oficiais para ofrecer actividades de formación do profesorado homologadas e certificadas. Estas *actividades son válidas para concursos de traslados, sexenios e oposicións.
A quen van dirixidos os cursos?
Que finalidade teñen os cursos?
Cal é o baremo para as Oposicións?
Apartado 3.2 e 3.3 do baremo para oposicións:
3.2. Por actividades de formación superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo polo que se presente, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación e Formación Profesional por institucións sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades. Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuarán o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
3.3. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na subepígrafe 3.2. Puntuarase con 0,1 puntos por cada 5 horas. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de horas inferiores a 5. Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
Cal é o baremo para o Concurso Xeral de Traslados?
Apartado 5.1 e 5.2 do baremo para o CXT:
5.1. Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza o participante, ás prazas ou postos a que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes as Administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.
Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto do numero de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
5.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na epígrafe 5.1. Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.