Preinscripción

XXVI Xornadas do Ensino. Saúde Mental na Escola

Duración 10 horas
Afiliados/as ANPE ou SATSE

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

15€

Datas

20 e 21 de outubro de 2023

Temporalización

17.00 a 21.30 (20 de outubro)
09.00 a 14.30 (21 de outubro)

Modalidade

Presencial

Turnos

20 e 21 outubro – 0€ ou 15€

Prezo: 15,00

Limpiar

Resumen

Curso de formación do profesorado organizado por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.

Descripción

XXVI_XORNADAS_PROGRAMA

Obxectivos

  • Coñecer a situación do suicidio en España e, máis especialmente, na poboación adolescente.
  • Diferenciar as fases da conducta suicida.
  • Repasar os principais motivos de consulta en saúde mental infanto-xuvenil.
  • Axudar aos docentes a identificar durante a xornada académica signos/conductas que fagan pensar en nenos e adolescentes que requiren unha atención sanitaria precoz en Saúde Mental.
  • Sensibilizar aos profesionais do ámbito educativo e sanitario sobre as autolesións e o impacto destas nos xoves.
  • Aprender a abordar estas situacións, desmentindo mitos arraigados sobre o suicidio e explicando pautas de actuación.
  • Dotar ás/aos asistentes de ferramentas básicas para o manexo de condutas autolíticas.
  • Detallar as funcións do profesor como parte do equipo terapéutico multidisciplinar no tratamento de nenos e adolescentes que precisan hospitalización (tanto parcial en hospital de día como completa) para garantir a continuidade do proceso educativo.
  • Aproveitar o espazo como un axente para a educación, o ensino e a aprendizaxe.
  • Potenciar a socialización e a mellora do benestar emocional da comunidade educativa a través da súa participación.
  • Facilitar un espacio participativo no que os oíntes poidan expoñer as súas dúbidas e/ou compartir os distintos manexos que fixeron con experiencias similares.
  • Valorar a escola como espazo de convivencia e socialización de nenos e adolescentes e como inflúe tanto na xénese como no tratamento dos trastornos mentais nestes.
  • Resaltar a importancia da coordinación entre profesionais sanitarios e docentes para lograr una boa abordaxe do neno e adolescente con problemas de saúde mental.

Contidos

  1. Introdución teórica ao concepto “Autolesión” e aos relacionados con esta conduta.
  2. Deteción de sinais de alarma.
  3. Intervencións para o manexo das autolesións no ámbito educativo.
  4. Desestigmatización.
  5. Escenarios de aprendizaxe diversos, contextualizados e abertos á comunidade.
  6. Espazos para a inclusión e a socialización.
  7. Prevención do suicidio.

Relatores/as

  • Mª Cristina Casal Pena
  • Mario Alberto Rivas Carro
  • Manuel Antonio Veiga Rodríguez
  • Lucía Vila Barrios
  • Xemma Ares Mouronte
  • Yolanda Barallobre Ferreño
  • Teresa Susana Vázquez Regueira
  • Sonia García Gómez

Como preinscribirse

  1. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  2. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  3. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
  4. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.

*Todos os/as inscritos/as deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

As persoas afiliadas a SATSE deberán poñerse en contacto directamente con ANPE Lugo para solicitar a gratuidade na inscrición desta actividade.

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)