Preinscripción

O universo maker como recurso e elemento dinamizador do centro

Duración 10 horas
Afiliados/as

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

15€

Datas

11 ao 12 de febreiro de 2022

Temporalización

16.30 a 21.30 (11 de febreiro)
09.00 a 14.00 (12 de febreiro)

Modalidade

Presencial

Turnos

11 e 12 febreiro – 0€ ou 15€

Prezo: 15,00

Limpiar

Resumen

Curso de formación organizado por ANPE LUGO sobre as diferentes linguaxes de programación axeitadas para cada nivel educativo, valorando o uso de aulas maker como elemento transformador do centro educativo.

Descripción

Actividade de formación do profesorado, que versará sobre as diferentes linguaxes de programación axeitadas para cada nivel educativo, valorando o uso de aulas maker ou recunchos como elemento transformador do centro educativo e usando a impresora 3D como elemento creador, tanto por parte do alumnado como por parte do docente.

Obxectivos

  •  Acadar un coñecemento suficiente de programación para poder aplicalo nunha aula de Primaria.
  • Comprender o feito da mente programadora como competencia clave para resolver problemas.
  • Coñecer e valorar diferentes linguaxes de programación buscando os axeitados para cada nivel educativo.
  • Concienciar da programación orientada a obxectos, e modificar o entorno educativo a través de plataformas de programación. Internet das cousas.
  • Usar a impresión 3D como elemento creador, tanto por parte do alumnado como por parte do docente. Relación con atención á diversidade.
  • Valorar o uso de aulas maker ou recunchos como elemento transformador do centro educativo, global e interdisciplinar.

Contidos

  1. Programación. Que é a programación? Linguaxes de programación. Programación en entornos educativos. Scratch.
  2.  Programación orientada a robots educativos. Mbot, Mblock. Drons. Alternativas de baixo custo e de custo ordinario. Ventaxas e desventaxas.
  3.  Impresión 3D. Modelos de impresoras e características. Aplicación didáctica. Por onde comezar. Materiais, tempos e espazos.
  4.  Aula Maker. Como deseñar un espazo no centro educativo. Plan da Consellería de Introducción á robótica en Educación Primaria. Elementos comúns. Área de libre configuración.

Ponente

  • Iago José Corral López, mestre de Primaria (Especialidades: E. Física e E. Primaria). Director do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela – Lugo, no período 2015/2020. Ponente en numerosos cursos de formación dende o ano 2011.

Como preinscribirse

  1. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  2. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  3. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
  4. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.

*Os usuarios non rexistrados deben aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.