Preinscripción
O universo maker como recurso e elemento dinamizador do centro
Duración | 10 horas |
---|---|
Afiliados/as | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 15€ |
Datas | 11 ao 12 de febreiro de 2022 |
Temporalización | 16.30 a 21.30 (11 de febreiro) |
Modalidade | Presencial |
Turnos | 11 e 12 febreiro – 0€ ou 15€ |
Prezo: 15,00€
Resumen
Actividade homologada de formación do profesorado organizada ANPE LUGO sobre as diferentes linguaxes de programación axeitadas para cada nivel educativo, valorando o uso de aulas maker como elemento transformador do centro educativo.
Descripción
Actividade de formación do profesorado, que versará sobre as diferentes linguaxes de programación axeitadas para cada nivel educativo, valorando o uso de aulas maker ou recunchos como elemento transformador do centro educativo e usando a impresora 3D como elemento creador, tanto por parte do alumnado como por parte do docente.
Obxectivos
- Acadar un coñecemento suficiente de programación para poder aplicalo nunha aula de Primaria.
- Comprender o feito da mente programadora como competencia clave para resolver problemas.
- Coñecer e valorar diferentes linguaxes de programación buscando os axeitados para cada nivel educativo.
- Concienciar da programación orientada a obxectos, e modificar o entorno educativo a través de plataformas de programación. Internet das cousas.
- Usar a impresión 3D como elemento creador, tanto por parte do alumnado como por parte do docente. Relación con atención á diversidade.
- Valorar o uso de aulas maker ou recunchos como elemento transformador do centro educativo, global e interdisciplinar.
Contidos
- Programación. Que é a programación? Linguaxes de programación. Programación en entornos educativos. Scratch.
- Programación orientada a robots educativos. Mbot, Mblock. Drons. Alternativas de baixo custo e de custo ordinario. Ventaxas e desventaxas.
- Impresión 3D. Modelos de impresoras e características. Aplicación didáctica. Por onde comezar. Materiais, tempos e espazos.
- Aula Maker. Como deseñar un espazo no centro educativo. Plan da Consellería de Introducción á robótica en Educación Primaria. Elementos comúns. Área de libre configuración.
Ponente
- Iago José Corral López, mestre de Primaria (Especialidades: E. Física e E. Primaria). Director do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela – Lugo, no período 2015/2020. Ponente en numerosos cursos de formación dende o ano 2011.
Como preinscribirse
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
- Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.
*Os usuarios non rexistrados deben aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.