Preinscripción
IX Xornadas do Ensino. Novos tempos, novos retos educativos
Duración | 10 horas |
---|---|
Afiliados/as | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 10€ |
Datas | 19 e 20 de abril de 2024 |
Temporalización | 19 de abril: 16.00 a 20.30 horas |
Modalidade | Presencial |
Lugar de celebración | Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Rúa de San Lázaro, 107, Santiago de Compostela |
Turnos | 19 e 20 de abril – 0€ ou 10€ |
Prezo: 10,00€
Resumen
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE CORUÑA na modalidade de Xornadas.
Descripción
Xornadas organizadas por ANPE Coruña nas que se presentarán e desenvolverán contidos relacionadas cos cambios máis salientables na nosa sociedade e a súa influencia no ensino público da nosa comunidade. Contaremos coa participación de diferentes persoas especialistas e coñeceremos experiencias innovadoras no contexto educativo galego.
Obxectivos
- Mostrar as demandas principais do ensino actual dentro do ámbito educativo e administrativo.
- Reflexionar sobre diversos contidos de carácter didáctico útiles para as nosas aulas.
- Debater a través de propostas concretas os retos do ensino público galego para os vindeiros anos.
Contidos
- Tecnoloxía na aula. Os podcasts
- Proxectos de innovación no ensino galego: Os polos creativos
- XIA: Xestión da Inclusión na Aula
- As altas capacidades nas aulas: Actuación e xestión
- Novos retos para o profesorado galego no ensino do futur0
Relatores/as
- Aser Álvarez González, Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo e especialista en Comunicación Audiovisual.
- Lídia Gómez Boga, Mestra especialista en Educación Primaria no CEIP Plurilingüe Graxal (Cambre – A Coruña).
- Carmen María Pomar Tojo, Doutora en Psicoloxía Infantil na Universidade de Santiago de Compostela.
- Fátima Rodríguez Eiroa, Mestra de Educación Infantil no CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela).
- Julio César Trashorras de la Fuente, Vicepresidente de ANPE Galicia.
Como preinscribirse
- No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todos os usuarios deben achegar documentación específica durante o proceso de preinscrición desta actividade (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral (docentes) –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– , ou unha copia da titulación académica para titulados/as sen experiencia docente).
Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente coa Secretaría de Formación de ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).