Preinscripción

IX Xornadas do Ensino. Novos tempos, novos retos educativos

Duración 10 horas
Afiliados/as

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

10€

Datas

19 e 20 de abril de 2024

Temporalización

19 de abril: 16.00 a 20.30 horas
20 de abril: 09.00 a 14.30 horas

Modalidade

Presencial

Lugar de celebración

Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Rúa de San Lázaro, 107, Santiago de Compostela

Turnos

19 e 20 de abril – 0€ ou 10€

Prezo: 10,00

Limpiar

Resumen

MATRÍCULA PECHADA

Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE CORUÑA na modalidade de Xornadas.

Descripción

IX XORNADAS ENSINO

Xornadas organizadas por ANPE Coruña nas que se presentarán e desenvolverán contidos relacionadas cos cambios máis salientables na nosa sociedade e a súa influencia no ensino público da nosa comunidade. Contaremos coa participación de diferentes persoas especialistas e coñeceremos experiencias innovadoras no contexto educativo galego.

Obxectivos

  • Mostrar as demandas principais do ensino actual dentro do ámbito educativo e administrativo.
  • Reflexionar sobre diversos contidos de carácter didáctico útiles para as nosas aulas.
  • Debater a través de propostas concretas os retos do ensino público galego para os vindeiros anos.

Contidos

  1. Tecnoloxía na aula. Os podcasts
  2. Proxectos de innovación no ensino galego: Os polos creativos
  3. XIA: Xestión da Inclusión na Aula
  4. As altas capacidades nas aulas: Actuación e xestión
  5. Novos retos para o profesorado galego no ensino do futur0

Relatores/as

  • Aser Álvarez González, Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo e especialista en Comunicación Audiovisual.
  • Lídia Gómez Boga, Mestra especialista en Educación Primaria no CEIP Plurilingüe Graxal (Cambre – A Coruña).
  • Carmen María Pomar Tojo, Doutora en Psicoloxía Infantil na Universidade de Santiago de Compostela.
  • Fátima Rodríguez Eiroa, Mestra de Educación Infantil no CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela).
  • Julio César Trashorras de la Fuente, Vicepresidente de ANPE Galicia.

Como preinscribirse

  1. No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
  5. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.

*Todos os usuarios deben achegar documentación específica durante o proceso de preinscrición desta actividade (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral (docentes) –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– , ou unha copia da titulación académica para titulados/as sen experiencia docente).

Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente coa Secretaría de Formación de ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).