Preinscripción

Creación de contidos para a aula dixital

Duración 30 horas
Afiliados/as

15€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

35€

Datas

27 de febreiro ao 24 de marzo de 2023

Temporalización

Actividade de formación a distancia

Modalidade

Actividade en liña realizada na Plataforma de Formación de ANPE Galicia (https://cursosanpegalicia.es/cursos/)

Turnos

27 de febreiro a 24 de marzo – 35€ ou 15€

Prezo: 35,00

Limpiar

Resumen

Actividade de formación a distancia para coñecer, prácticar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.

Descripción

CURSON CONTIDOS

A utilización de ferramentas e aplicacións dixitais está a verse reforzado a partires da evolución xordida nos últimos anos. Xa sexa condicionada pola situación sanitaria na que nos atopamos ou ben pola propia modernización do ensino, o profesorado atópase fronte a un crecente número de aplicacións educativas dixitais coas que implementar contidos e tarefas para o seu traballo diario. A dixitalización educativa está a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais preséntanse para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nesta actividade de formación en rede, todos/as os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.

Obxectivos

  • Aumentar a competencial dixital docente.
  • Entender as novas tecnoloxías como recursos proveitosos para facilitar a aprendizaxe.
  • Iniciar ao profesorado na creación de recursos e actividades interactivas para o proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Dar a coñecer ferramentas online que enriquecen o proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado.

Contidos

  • Incremento da competencia dixital docente (CDD).
  • Coñecemento e manexo de recursos web como centro de interese do alumnado (Padlet, Mentimeter).
  • Iniciación na creación de material e contidos interactivos en ferramentas online (Canva e Genially).
  • Creación de libros e comics interactivos dixitais (BookCreator).

Ponente

  • Jairo Campo, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.

@JairoCampo_  mestrejairo_ef

 

Como preinscribirse

  1. No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na entrada.
  5. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcados para asistir a esta actividade de formación.

*Todos os usuarios (rexistrados e non rexistrados) deben aportar documentación específica durante o proceso de preinscrición desta actividade (cunha copia do seu NIF e cun documento que mostre a súa situación laboral –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).