Preinscripción

Como gamificar na aula

Duración 10 horas
Afiliados/as

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

15€

Datas

20 e 21 de xaneiro de 2023

Temporalización

17.00 a 21.30 (20 de xaneiro)
09.00 a 14.30 (21 de xaneiro)

Modalidade

Presencial

Turnos

20 e 21 xaneiro – 0€ ou 15€

Prezo: 15,00

Limpiar

Resumen

Curso de formación do profesorado organizado por ANPE LUGO e que versará sobre gamificación como técnica que nos permite empregar diversos recursos e ferramentas na aula.

 

Descripción

Curso de formación do profesorado, que versará sobre gamificación como técnica que nos permite empregar diversos recursos e ferramentas na aula que axudarán aos docentes a motivar aos alumnos, personalizar as actividades e contidos en función das necesidades de cada estudiante, favorecer a adquisición de coñecementos e mellorar a atención.

Obxectivos

  •  Coñecer os principios fundamentais da gamificación e a diferenza con outras metodoloxías activas (serious games e ABJ).
  • Distinguir e analizar as distintas mecánicas que a compoñen.
  • Iniciarse na configuración dunha narrativa a un proxecto gamificado.
  • Analizar sistemas gamificados xa deseñados.
  • Coñecer ferramentas para implementar nunha gamificación.

Contidos

  1. Adquisición do concepto de gamificación.
  2. Recoñecemento de metodoloxías activas.
  3. Análise das mecánicas que compoñen un proxecto gamificado.
  4. Creación e análise de narrativas para proxectos gamificados.
  5. Presentación de ferramentas para gamificar.

Ponente

  • Jairo Campo, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.

@JairoCampo_  mestrejairo_ef

Como preinscribirse

  1. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  2. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  3. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na entrada.
  4. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instrucións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.

*Todos os/as inscritos/as deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para confirmar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (lugo@anpe.es).