Preinscripción
Como gamificar na aula
Duración | 10 horas |
---|---|
Afiliados/as | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 15€ |
Datas | 20 e 21 de xaneiro de 2023 |
Temporalización | 17.00 a 21.30 (20 de xaneiro) |
Modalidade | Presencial |
Turnos | 20 e 21 xaneiro – 0€ ou 15€ |
Prezo: 15,00€
Resumen
Curso de formación do profesorado organizado por ANPE LUGO e que versará sobre gamificación como técnica que nos permite empregar diversos recursos e ferramentas na aula.
Descripción
Curso de formación do profesorado, que versará sobre gamificación como técnica que nos permite empregar diversos recursos e ferramentas na aula que axudarán aos docentes a motivar aos alumnos, personalizar as actividades e contidos en función das necesidades de cada estudiante, favorecer a adquisición de coñecementos e mellorar a atención.
Obxectivos
- Coñecer os principios fundamentais da gamificación e a diferenza con outras metodoloxías activas (serious games e ABJ).
- Distinguir e analizar as distintas mecánicas que a compoñen.
- Iniciarse na configuración dunha narrativa a un proxecto gamificado.
- Analizar sistemas gamificados xa deseñados.
- Coñecer ferramentas para implementar nunha gamificación.
Contidos
- Adquisición do concepto de gamificación.
- Recoñecemento de metodoloxías activas.
- Análise das mecánicas que compoñen un proxecto gamificado.
- Creación e análise de narrativas para proxectos gamificados.
- Presentación de ferramentas para gamificar.
Ponente
- Jairo Campo, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.
@JairoCampo_ mestrejairo_ef
Como preinscribirse
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na entrada.
- Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instrucións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.
*Todos os/as inscritos/as deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para confirmar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (lugo@anpe.es).