Preinscripción
XXVI Xornadas do Ensino. Saúde Mental na Escola
Duración | 10 horas |
---|---|
Afiliados/as ANPE ou SATSE | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 15€ |
Datas | 20 e 21 de outubro de 2023 |
Temporalización | 17.00 a 21.30 (20 de outubro) |
Modalidade | Presencial |
Turnos | 20 e 21 outubro – 0€ ou 15€ |
Prezo: 15,00€
Resumen
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.
Descripción
XXVI_XORNADAS_PROGRAMA
Obxectivos
- Coñecer a situación do suicidio en España e, máis especialmente, na poboación adolescente.
- Diferenciar as fases da conducta suicida.
- Repasar os principais motivos de consulta en saúde mental infanto-xuvenil.
- Axudar aos docentes a identificar durante a xornada académica signos/conductas que fagan pensar en nenos e adolescentes que requiren unha atención sanitaria precoz en Saúde Mental.
- Sensibilizar aos profesionais do ámbito educativo e sanitario sobre as autolesións e o impacto destas nos xoves.
- Aprender a abordar estas situacións, desmentindo mitos arraigados sobre o suicidio e explicando pautas de actuación.
- Dotar ás/aos asistentes de ferramentas básicas para o manexo de condutas autolíticas.
- Detallar as funcións do profesor como parte do equipo terapéutico multidisciplinar no tratamento de nenos e adolescentes que precisan hospitalización (tanto parcial en hospital de día como completa) para garantir a continuidade do proceso educativo.
- Aproveitar o espazo como un axente para a educación, o ensino e a aprendizaxe.
- Potenciar a socialización e a mellora do benestar emocional da comunidade educativa a través da súa participación.
- Facilitar un espacio participativo no que os oíntes poidan expoñer as súas dúbidas e/ou compartir os distintos manexos que fixeron con experiencias similares.
- Valorar a escola como espazo de convivencia e socialización de nenos e adolescentes e como inflúe tanto na xénese como no tratamento dos trastornos mentais nestes.
- Resaltar a importancia da coordinación entre profesionais sanitarios e docentes para lograr una boa abordaxe do neno e adolescente con problemas de saúde mental.
Contidos
- Introdución teórica ao concepto “Autolesión” e aos relacionados con esta conduta.
- Deteción de sinais de alarma.
- Intervencións para o manexo das autolesións no ámbito educativo.
- Desestigmatización.
- Escenarios de aprendizaxe diversos, contextualizados e abertos á comunidade.
- Espazos para a inclusión e a socialización.
- Prevención do suicidio.
Relatores/as
- Mª Cristina Casal Pena
- Mario Alberto Rivas Carro
- Manuel Antonio Veiga Rodríguez
- Lucía Vila Barrios
- Xemma Ares Mouronte
- Yolanda Barallobre Ferreño
- Teresa Susana Vázquez Regueira
- Sonia García Gómez
Como preinscribirse
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
- Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.
*Todos os/as inscritos/as deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
As persoas afiliadas a SATSE deberán poñerse en contacto directamente con ANPE Lugo para solicitar a gratuidade na inscrición desta actividade.
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)