Cursos presenciais homologados pola Consellería de Educación (Xunta de Galicia)

InicioCursos presenciais homologados pola Consellería de Educación (Xunta de Galicia)

Cursos Presenciales Consejería

Cursos presenciais homologados pola Consellería de Educación (Xunta de Galicia)

ANPE Galicia pon á túa disposición unha serie de actividades de formación do profesorado, froito do acordo subscrito coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

As actividades de formación presenciais permiten realizar cursos a aquelas persoas que non poden facelos a distancia por diferentes motivos, xa sexan persoais ou profesionais, en función das súas necesidades e demandas. Ademais, nesta clase de actividades poderá recibir os contidos de maneira máis directa, o que posibilita que cada asistente poida ser atendido en función das súas necesidades e demandas máis persoais.

Dentro desta oferta inclúense congresos, xornadas e cursos nos que participan relatores de recoñecido prestixio nos ámbitos educativo. social e xurídico.

Metodoloxía

Metodoloxía

Lea con atención as características e contidos de cada actividade de formación na que desexe inscribirse. Unha vez prerexistrado/a, recibirá un correo electrónico que confirmará definitivamente a súa admisión.

Na actualidade a Consellería de Educación permite que ata un 30% dos matriculados/as sexan persoas tituladas sen experiencia docente.

Preinscrición

Preinscrición

O proceso de preinscrición nos Cursos de Formación de ANPE Galicia realízase en liña, empregando un dos dous accesos seguintes, segundo corresponda:

  • O prazo de inscrición estará determinado pola data de inicio de cada actividade concreta.
  • Para poder completar a solicitude de preinscrición tes que achegar a documentación requirida.
  • Ao finalizar cada curso deberá completar e entregar/enviar unha avaliación sobre o seu funcionamento e organización. Este documento será proporcionado por ANPE.
  • Entrega do certificado final: Recibirás dous documentos. O primeiro, enviado directamente pola propia Consellería ao teu correo electrónico. O segundo, enviado desde ANPE ao teu correo electrónico. Se es titulado desempregado, desde ANPE enviaranse ao teu correo electrónico os dous certificados
  • Pon especial coidado en completar ben os teus datos persoais, o teu teléfono e correo electrónico.
Documentación

Documentación necesaria

Necesitarás achegar a seguinte documentación no proceso de preinscrición:

Copia do DNI en formato PDF ou JPG

Copia dun destes documentos en formato PDF ou JPG

Se é funcionario/a, interino/a ou substituto/a:

    • Nómina.
    • Nomeamento nalgún centro.
    • Captura de pantalla do apartado «3.1 Servizos» en:Datos persoais

Se é titulado/a desempregado:

  • Grao ou título (ou abono de taxas para a súa expedición).

Validez dos cursos

Cursos válidos para concursos de traslados, sexenios e oposicións, que poden ser realizados por:

Docentes con destino na Comunidade Autónoma de Galicia

Titulados/as desempregados

Oferta formativa