Cursos Online Consejería
ANPE Galicia pon á túa disposición unha serie de actividades de formación do profesorado, froito do acordo subscrito coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
As actividades de formación a distancia (en liña) permiten realizar cursos a aquelas persoas que non poden facelos de forma presencial por diferentes motivos, xa sexan persoais ou profesionais, en función das súas necesidades e demandas.
Metodoloxía
Metodoloxía
Os cursos ofertados realízanse “en liña” a través da plataforma de formación de ANPE Galicia. Terás acceso en calquera momento aos contidos de cada curso, ademais dos diferentes elementos que formen parte del (foros, materiais descargables, sistemas de mensaxería, etc.). A avaliación dos participantes farase a partir dos traballos prácticos, a realización de tarefas parciais, a conexión regular á plataforma xunto coa participación activa, o informe dos titores e a realización dun proxecto final..
Titorías
Titorías
Todas as dúbidas que teñas resolveranse por parte do profesorado responsable da titorización de cada actividade. Poderás contactar a través de foros, mensaxes enviadas dentro da propia plataforma ou por correo electrónico. Tamén se encargarán de xestionar os contidos do curso, dinamizar, orientar, revisar as tarefas propostas e avaliar a todos/ as os participantes.
Preinscrición
Preinscrición
O proceso de preinscrición nos Cursos de Formación de ANPE Galicia realízase en liña, empregando un dos dous accesos seguintes, segundo corresponda:
Documentación
Documentación necesaria
Necesitarás achegar a seguinte documentación no proceso de preinscrición:
Validez dos cursos
Cursos válidos para concursos de traslados, sexenios e oposicións, que poden ser realizados por: