Preinscripción
XXVIII Xornadas do ensino: por un ensino diferente
Duración | 10 horas |
---|---|
Afiliados/as ANPE | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 15€ |
Datas | 17 e 18 de outubro de 2025 |
Temporalización | 17.00 a 21.30 (17 de outubro) |
Modalidade | Presencial |
Quenda | 17 e 18 outubro – 0€ ou 15€ |
Prezo: 15,00€
Resumen
MATRÍCULA ABERTA
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.
Descripción
Curso de formación do profesorado, que versará sobre un ensino diferente, proporcionando formación e información tanto teórica como práctica ao profesorado, que permita unha aprendizaxe máis integral, emocional e motivadora, xa que estes medios desenvolven a creatividade, a empatía, o pensamento crítico e a comprensión de diferentes culturas e contextos sociais.
Programa
XXVIII XORNADAS ENSINO_PROGRAMAObxectivos
- Exposición proxecto FormulaSim.
- Vivir unha experiencia de atención plena.
- Explorar as emocións e sensacións que nos producen diferentes experiencias sensoriais.
- Tomar consciencia das interferencias das nosas emocións e pensamentos ao conectar co momento presente.
- Introducir o cine e a música na escola.
- Reflectir as vantaxes dos proxectos de innovación educativa na aula, e a importancia de sermos guías neste ámbito.
Contidos
- Estación do olfato: Xabóns aromáticos.
- Estación do tacto: texturas extraídas da natureza.
- Estación do oído: melodías bandas sonoras.
- Estación audio-visual: vídeos escenarios naturais.
- Elaboración dunha curtametraxe.
- Deseño e elaboración dun simulador tipo Fórmula.
- Xestión de datos de competición, xestión de datos de simulación e interpretación de datos con Power By.
- Preparación monopraza.
- Participación co alumnado en probas do campionato galego de montaña de velocidade, de España e de Europa.
- Realización de instrumentos musicais con material de refugallo.
Relatores/as
- Ginés Vázquez Seijas
- José Iglesias Fernández
- Beatriz Blanco Busto
- Abraham Cupeiro López
- José Francisco Venzalá González
Como preinscribirse
- No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)