Preinscripción
XXVII Xornadas do Ensino. Intelixencia Artificial no Ensino. Cara a unha aprendizaxe intelixente
Duración | 10 horas |
---|---|
Afiliados/as ANPE | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 15€ |
Datas | 18 e 19 de outubro de 2024 |
Temporalización | 17.00 a 21.30 (18 de outubro) |
Modalidade | Presencial |
Quenda | 18 e 19 outubro – 0€ ou 15€ |
Prezo: 15,00€
Resumen
MATRÍCULA ABERTA
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.
Descripción
Curso de formación do profesorado, que versará sobre Intelixencia Artificial como técnica que nos permite empregar diversos recursos e ferramentas na aula que axudarán aos docentes a motivar aos alumnos, personalizar as actividades e contidos en función das necesidades de cada estudante, favorecer a adquisición de coñecementos e mellorar a atención e tamén como recurso para a liberación de traballo burocrático.
Programa
PROGRAMA XXVII XORNADAS - LUGOObxectivos
- Introducir a Intelixencia Artificial (IA) como complemento ou soporte á comunidade educativa e que novas habilidades está demandando a democratización do ensino.
- Entender as posibilidades que nos ofrece a IA no mundo da educación.
- Mostrar as posibilidades que nos ofrece aos/ás docentes a introdución da intelixencia artificial xenerativa, tanto para a creación de recursos educativos como para a liberación de traballo burocrático.
- Reflectir dende una perspectiva crítica non só sobre as vantaxes, senón tamén dos perigos que a intelixencia artificial conleva para o noso alumnado, e a importancia de sermos guías neste ámbito..
Contidos
- Compartir as oportunidades que para estudiantes, docentes e comunidade educativa pode supoñer a revolución provocada pola intelixencia artificial.
- Descubriremos como a IA pode axudarche nas túas clases, actividades e así mellorar a experiencia educativa do teu alumnado.
- A intelixencia artificial xenerativa no ámbito educativo.
- Ferramentas de intelixencia artificial motivadoras para o alumnado.
- Experiencias de aula concretas da man do alumnado.
- Aplicación da IA para avaliación, informes e cuestións burocráticas.
Relatores/as
- Miguel Ouro Mosquera
- Adrián Laureda León
- Francisco Javier Bellas Bouza
- Suevia Outeda Sueiro
- Mª Luisa Moreda Leirado
- Hugo Costa Bouzada
- Miguel Angel Rodríguez Rodríguez
- Francisco Venzalá González
Como preinscribirse
- No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)