Preinscripción

XXV Xornadas do Ensino

Duración 10 horas
Afiliados/as

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

15€

Datas

21 e 22 de outubro de 2022

Temporalización

17.00 a 21.30 (21 de outubro)
09.00 a 14.30 (22 de outubro)

Modalidade

Presencial

Turnos

21 e 22 outubro – 0€ ou 15€

Prezo: 15,00

Limpiar

Resumen

Curso de formación do profesorado organizado por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.

Descripción

Actividade de formación do profesorado, que versará sobre novas tecnoloxías e seguridade. Unha viaxe segura polo ciberespacio.

Obxectivos

  • Introducir e normalizar a formación en seguridade e uso seguro de Internet
  • Detectar e investigar incidentes de ciberseguridade, documentándoos e incluíndoos no plan do centro
  • Concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrentan cando empregan as tecnoloxías dixitais
  • Reforzar positivamente o uso responsable e equilibrado da visualización de contidos en liña
  • Explicar a importancia dun recurso motivador como elemento dinamizador da aula e facilitador da aprendizaxe
  • Divulgar a ciencia e a tecnoloxía por medio da maxia
  • Crear espazos para identificar, valorar, sistematizar, normalizar, aplicar e difundir as experiencias novedosas que contribúan á solución de problemas educativos
  • Compartir e transferir as experiencias educativas innovadoras para ampliar e xeneralizar a experiencia
  • Establecer o marco dos dereitos e deberes dos docentes e determinar o alcance das súas responsabilidades nos ámbitos administrativo, civil e penal
  • Dar a coñecer os distintos modus operandi relativos aos delictos nos que se poidan ver afectados os membros da comunidade educativa dun centro. (Acoso, ciberbullying, sexting, ameazas)

Contidos

  1. Aumento de tecnoloxía en centros educativos
  2. Ciberseguridade nas aulas
  3. A maxia como dinamizadora da vida do centro
  4. Relación da maxia coas competencias educativas
  5. A análise da situación da convivencia no ámbito do centro educativo
  6. Discusión sobre a importancia da innovación educativa no contexto escolar
  7. Acoso e ciberacoso: Detección e prevención
  8. Conceptos básicos na protección dos datos persoais

Relatores/as

  • Pedro García Aguado
  • Francisco Castaño Mena
  • Carmen Guaita Fernández
  • José Antonio Vázquez Taín
  • Francisco Venzalá González
  • Xuxo Ruíz Domínguez

Como preinscribirse

  1. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  2. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  3. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
  4. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.

*Todos os/as inscritos/as deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)