Preinscripción

Xornadas do Ensino. A aula dixital para a educación do futuro

Duración 8 horas
Afiliados/as

10€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

15€

Datas

22 ao 23 de outubro de 2021

Temporalización

17.00 a 21.00 (22 de outubro)
09.30 a 13.30 (23 de outubro)

Modalidade

En liña (esta actividade desenvolverase virtualmente)

Turnos

22 e 23 outubro – 15€ ou 10€

Prezo: 15,00

Limpiar

Resumen

REMATADA  Xornadas virtuais para o coñecemento e análise de contidos, estratexias e procedementos para a educación dixital nas nosas aulas.

Descripción

   

 

Co novo contexto educativo orixinado pola situación de pandemia na que estamos a vivir, a dixitalización educativa pasou a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais fanse presentes para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nestas xornadas de carácter exclusivamente virtual, teremos a oportunidade de coñecer e revisar algúns dos elementos que formarán parte do noso futuro educativo.

Obxectivos

  • Apoiar e impulsar ao profesorado na implementación de tecnoloxías dixitais nos procesos de ensino-aprendizaxe.
  • Reflexionar sobre diferentes propostas metodolóxicas que poden servir para a integración das tecnoloxías no ensino.
  • Mostrar experiencias de boas prácticas con tecnoloxía dixital.

Contidos

  • A implementación das aulas e libros dixitais.
  • Gamificación na aula.
  • Creación de cursos dixitais para unha aprendizaxe significativa.
  • Modelos educativos con tecnoloxías móbiles.
  • Procesos de adaptación nos centros educativos.
  • Actualidade e cuestións relacionadas co contexto educativo en Galicia.

Ponentes

  • Jairo Campo, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.
  • María Comín, responsable de educación pública en Microsoft.
  • Eva Freijeiro, deseñadora instruccional en Ideaspropias Editorial.
  • Andrés Fuentes, formador en competencias dixitais do profesorado. Google trainer e Microsoft Innovator Educator.
  • Adrian González, deseñador gráfico en Ideaspropias Editorial.
  • Luis Miguel Olivas, Director global dos programas de Empregabilidade e Innovación Educativa na Fundación Telefónica.
  • Julio César Trashorras, videpresidente de ANPE Galicia.
  • José Francisco Venzalá, vicepresidente de ANPE Nacional e membro do Consello Escolar do Estado.

Como preinscribirse

  1. No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
  5. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.

*Os usuarios non rexistrados deben aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, poñeremonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.