Preinscripción

X Xornadas do Ensino: A saúde mental nas aulas

Duración 10 horas
Afiliados/as ANPE

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

15€

Datas

30 e 31 de xaneiro de 2025

Temporalización

16.00 a 21.00 (30 de xaneiro)
16.00 a 21.00 (31 de xaneiro)

Modalidade

Presencial (Centro Cultural Marcos Valcárcel – Ourense)

Quenda

30 e 31 xaneiro – 0€ ou 15€

Prezo: 15,00

Limpiar

Resumen

MATRÍCULA ABERTA

Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE OURENSE na modalidade de Xornadas.

Descripción

X XORNADAS - ANPE OURENSE

Xornadas de formación do profesorado organizado por ANPE OURENSE. Os problemas de saúde mental nos nosos nenos e adolescentes é un problema cada vez máis preocupante. No ámbito escolar son moitas as variables que posúen un papel mediador sobre o benestar psicoemocional dos estudantes e que serán tratadas nestas xornadas.

Programa

Programa - X XORNADAS DO ENSINO - ANPE OURENSE

Obxectivos

  • Coñecer a situación do suicidio en España e, máis especialmente, na poboación adolescente.
  • Diferenciar as fases da conducta suicida.
  • Repasar os principais motivos de consulta en saúde mental infanto-xuvenil.
  • Axudar aos docentes a identificar durante a xornada académica signos/conductas que fagan pensar en nenos e adolescentes que requiren unha atención sanitaria precoz en Saúde Mental.
  • Sensibilizar aos profesionais do ámbito educativo e sanitario sobre as autolesións e o impacto destas nos xoves.
  • Aprender a abordar estas situacións, desmentindo mitos arraigados sobre o suicidio e explicando pautas de actuación.
    Dotar ás/aos asistentes de ferramentas básicas para o manexo de condutas autolíticas.
  • Detallar as funcións do profesor como parte do equipo terapéutico multidisciplinar no tratamento de nenos e adolescentes que precisan hospitalización (tanto parcial en hospital de día como completa) para garantir a continuidade do proceso educativo.
  • Aproveitar o espazo como un axente para a educación, o ensino e a aprendizaxe.
  • Potenciar a socialización e a mellora do benestar emocional da comunidade educativa a través da súa participación.
  • Facilitar un espacio participativo no que os oíntes poidan expoñer as súas dúbidas e/ou compartir os distintos manexos que fixeron con experiencias similares.
  • Valorar a escola como espazo de convivencia e socialización de nenos e adolescentes e como inflúe tanto na xénese como no tratamento dos trastornos mentais nestes.
  • Resaltar a importancia da coordinación entre profesionais sanitarios e docentes para lograr una boa abordaxe do neno e adolescente con problemas de saúde mental.

Contidos

  1. Introdución teórica ao concepto “autolesión” e aspectos relacionados con esa conduta.
  2. Detección de sinais de alarma.
  3. Intervencións para o manexo das autolesións no ámbito educativo.
  4. Desestigmatización da problemática da saúde mental.
  5. Escenarios de apredizaxe diversos, contextualizados e abertos á comunidade.
  6. Espazos para a inclusión e a socialización.
  7. Prevención do suicidio.

Relatores/as

  • Yolanda Barallobre Ferreño. Xefa do Departamento de Orientación no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
  • Teresa Susana Vázquez Regueiro. Mestra. Na actualidade, ocupa o posto de Pedagoxía Terapéutica no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz e exerce o cargo de Xefa de Estudos.
  • Manuel Antonio Veiga Rodríguez. Graduado en Enfermería pola USC. Técnico auxiliar de clínica.
  • María Tajes Alonso. Médico especialista en psiquiatría do neno e do adolescente. Xefa do Servizo de Psiquiatría da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras.
  • Mario Alberto Rivas Carro. Diplomado en Enfermería pola USC. Licenciado en Psicoloxía pola UNED. Profesor titular da USC do Departamento de Enfermería de Saúde Mental.
  • Alexandre García Caballero. Psiquiatra e doutor en medicina.
  • José Francisco Venzalá González. Presidente de ANPE NACIONAL.

Como preinscribirse

  1. No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
  5. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as instrucións* que aparecen en pantalla.

*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE OURENSE poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Ourense (988255852 – ourense@anpe.es)