Preinscripción

Primeiros auxilios nos centros educativos – Vigo

Duración 8 horas
Afiliados/as ANPE

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

10€

Datas

19 e 20 de marzo de 2025

Temporalización

16.30 a 20.30 (19 de marzo)
16.30 a 20.30 (20 de marzo)

Modalidade

Presencial

Quenda

19 e 20 marzo – 0€ ou 10€

Prezo: 10,00

Limpiar

Resumen

MATRÍCULA ABERTA

Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE PONTEVEDRA na modalidade de curso.

Descripción

Como actuar antes as urxencias e emerxencias máis comúns nun centro educativo. Dotar de habilidades para a atención inmediata nunha situación de alteración brusca da saúde de xeito que o impacto sexa o menor posible, sen poñer en risco a seguridade propia.

Obxectivos

  • Manexo das alteracións da saúde máis frecuentes na infancia e adolescencia: traumatismos, convulsións, alteracións respiratorias (asma), alerxias.
  • Manexo da patoloxía non urxente: corpo estraño, caídas, febre, queimaduras, pequenos sangrados.
  • Coñecemento e manexo das complicacións máis comúns que debutan na infancia e adolescencia: diabetes, epilepsia.
  • Protexer, avisar, socorrer: entrenamento nos pilares básicos da atención urxente.
  • Practicar as manobras básicas de urxencia: Posición Lateral de Seguridade, Manobra de Heimlich, Manobras de Recuperación Cardiopulmonar (RCP)

Contidos

  1. Situacións urxentes e accidentes máis comúns na infancia e a adolescencia, como actuar.
    – Traumatismos
    – Urxencias oculares, óticas, nasais, odontolóxicas
    – Intoxicacións
    – Atragantamento: manobra de Heimlich por idades.
    – Alteracións neurolóxicas: convulsións
  2. Actuación urxente ante enfermidades crónicas.
    – Diabetes
    – Asma
    – Alerxias
    – Neno oncolóxico
    – Neno epiléptico
    – Outros: cardiopatía conxénita, fibrose quística.
  3. Actuación urxente ante problemas de saúde comúns:
    – Procesos febrís
    – Feridas e contusións
    – Náuseas e vómitos, dor abdominal, diarrea
  4. Que facer e que non facer ante unha situación urxente.
    – P.A.S
    – Chamada eficaz ao 112
    – Posición lateral de seguridade
    – Manobras de resucitación cardiopulmonar
    – Que é un DESA/DEA e como utilizalo

Relatores/as

  • María Emma Rodríguez Corte. Enfermeira especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria, enfermeira no servizo de Urxencias Adultos do Hospital de Montecelo.
  • Miguel Ángel Lázaro Míguez. Enfermeiro Supervisor de Urxencias Pediátricas no Hospital Provincial de Pontevedra.

Como preinscribirse

  1. No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
  5. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.

*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica –título universitario– se se trata de persoas non docentes).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Pontevedra poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Pontevedra (986437043- pontevedra@anpe.es)