Preinscripción

Primeiros auxilios nos centros educativos

Duración 10 horas
Afiliados/as ANPE

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

15€

Datas

21 e 22 de febreiro de 2025

Temporalización

17.00 a 21.30 (21 de febreiro)
09.00 a 14.30 (22 de febreiro)

Modalidade

Presencial

Quenda

21 e 22 febreiro – 0€ ou 15€

Prezo: 15,00

Limpiar

Resumen

REMATADA

Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE LUGO na modalidade de curso.

Descripción

Curso de formación do profesorado, que versará sobre Primeiros Auxilios, proporcionando formación e información tanto teórica como práctica ao profesorado, que vaia dende o Soporte Vital Básico a unhas breves nocións que axudarán aos docentes na atención a persoas enfermas ou accidentadas.

Programa

PROGRAMA_CURSO_PRIMEIROS_AUXILIOS_ANPE_LUGO

Obxectivos

  • Coñecer os fundamentos básicos dos primeiros auxilios.
  • Saber aplicar as técnicas de Reanimación Cardio Pulmonar (R.C.P.).
  • Coñecer as técnicas básicas para poder actuar ante unha persoa con hemorraxia, ferida, queimadura ou con traumatismo.
  • Saber mobilizar correctamente a unha persoa ferida ou enferma.
  • Ser capaces de transmitir a cultura preventiva ao alumnado.

Contidos

  1. Socorrismo: Aspectos xerais.
  2. Autoprotección. Seguridade na intervención.
  3. Avaliación inicial.
  4. Soporte vital básico. Reanimación cardio pulmonar (rcp).
  5. Hemorraxias e shock.
  6. Feridas e contusións.
  7. Queimaduras e alteracións da termorregulación.
  8. Traumatismos osteoarticulares.
  9. Mobilización e evacuación de feridos.
  10. O botiquín.

Relatores/as

  • Manuel Antonio Veiga Rodríguez

Como preinscribirse

  1. No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
  5. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.

*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)