Preinscripción
Iniciación aos deportes na Educación Secundaria
Duración | 8 horas |
---|---|
Afiliados/as ANPE | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 0€ |
Datas | 6 e 13 de novembro de 2025 |
Temporalización | 17.00 a 21.00 (6 e 13 de novembro) |
Modalidade | Presencial (Pabellón IFEVI, nº4 – Vigo) |
Quenda | 6 e 13 novembro – 0€ |
Prezo: 0,00€
Resumen
MATRÍCULA ABERTA
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE PONTEVEDRA na modalidade de curso.
Descripción
Dotar de habilidades para a realización e posta en práctica de unidades didácticas que permitan implementar accións de cooperación entre centros educativos facilitando coas mesmas un traballo coordinado.
Obxectivos
- Coñecemento das estratexias básicas na elaboración de unidades didácticas de iniciación os deportes.
- Coñecer as fases básicas na iniciación didáctica nos deportes no contexto educativo.
Contidos
- PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA NA ESO
- INICIACIÓN AO HIP HOP NA ESO
- O hip hop como referencia.
- INICIACIÓN Á CALISTENIA NA ESO
- A calistemia como referencia
- Metodoloxía de adestramento
- Exercicios básicos, explicación fisiolóxica e práctica
- INICIACIÓN AO HIP HOP NA ESO
Relatores/as
- Eloi Fernández González, adestrador persoal titulado especializado en calistenia. Atleta a nivel internacional e vixente campión mundial da especialidade.
- Daniel Suárez Fernández, bailarín especializado en danzas urbanas (Hip-hop Freestyle). Coreógrafo da Compañía de Danza e Teatro El Profe.
- Nerea Suárez Fernández, graduada en educación infantil e primaria. Bailarina especializada en Danzas Urbanas. Profesora titular de danza urbana no club deportivo Da Vigo
Como preinscribirse
- No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica –título universitario– se se trata de persoas non docentes).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Pontevedra poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Pontevedra (986437043- pontevedra@anpe.es)