Preinscripción
Creación de contidos para a aula dixital
Duración | 30 horas |
---|---|
Afiliados/as | 20€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 40€ |
Datas | 6 de novembro ao 4 de decembro de 2024 |
Temporalización | Actividade de formación a distancia |
Modalidade | Actividade en liña realizada na Plataforma de Formación de ANPE Galicia (https://cursosanpegalicia.es/cursos/) |
Quenda | 6 de novembro ao 4 de decembro – 40€ ou 20€ |
Prezo: 40,00€
Resumen
MATRÍCULA PECHADA
Actividade de formación a distancia para coñecer, prácticar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado. NIVEL B1 (áreas 1 e 3) de Certificación Dixital Docente.
Descripción
A utilización de ferramentas e aplicacións dixitais está a verse reforzado a partires da evolución xordida nos últimos anos. Xa sexa condicionada pola situación sanitaria na que nos atopamos ou ben pola propia modernización do ensino, o profesorado atópase fronte a un crecente número de aplicacións educativas dixitais coas que implementar contidos e tarefas para o seu traballo diario. A dixitalización educativa está a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais preséntanse para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nesta actividade de formación en rede, todos/as os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.
Competencia Dixital Docente
Esta actividade é válida para acreditar o nivel B1 nas seguintes áreas:
- Compromiso profesional (área 1).
- Ensino e aprendizaxe (área 3).
Obxectivos
- Coñecer, integrar e aplicar na aula recursos dixitais facendo uso de ferramentas en liña concretas.
- Integrar e compartir recursos dixitais de elaboración propia en diferentes formatos e contextos educativos.
- Deseñar e implementar no proceso de ensino aprendizaxe propostas metodolóxicas para o empreco de novas tecnoloxías dixitais na aula.
Contidos
- Manexo de ferramentas dixitais que permiten a interacción docente-discente (Padlet, Mentimeter).
- Creación de recursos con ferramentas dixitais en liña (Canva, Genially).
- Elaboración e exportación de libros e cómics dixitais con BookCreator.
- Integración e difusión de recursos creados en entornos virtuais de aprendizaxe.
- Elaboración de programacións de aula aproveitando os recursos dixitais proporcionados polo centro, fomentando a creatividade das actividades, a diversidade dos métodos de avaliación e a motivación do alumnado.
Ponente
- Jairo Campo Vázquez, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.
@JairoCampo_ mestrejairo_ef
Como preinscribirse
- No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida ou problema, contacte directamente con ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).