Preinscripción
Primeiros auxilios nos centros educativos – Vigo
Duración | 8 horas |
---|---|
Afiliados/as ANPE | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 10€ |
Datas | 19 e 20 de marzo de 2025 |
Temporalización | 16.30 a 20.30 (19 de marzo) |
Modalidade | Presencial |
Quenda | 19 e 20 marzo – 0€ ou 10€ |
Prezo: 10,00€
Resumen
MATRÍCULA ABERTA
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE PONTEVEDRA na modalidade de curso.
Descripción
Como actuar antes as urxencias e emerxencias máis comúns nun centro educativo. Dotar de habilidades para a atención inmediata nunha situación de alteración brusca da saúde de xeito que o impacto sexa o menor posible, sen poñer en risco a seguridade propia.
Obxectivos
- Manexo das alteracións da saúde máis frecuentes na infancia e adolescencia: traumatismos, convulsións, alteracións respiratorias (asma), alerxias.
- Manexo da patoloxía non urxente: corpo estraño, caídas, febre, queimaduras, pequenos sangrados.
- Coñecemento e manexo das complicacións máis comúns que debutan na infancia e adolescencia: diabetes, epilepsia.
- Protexer, avisar, socorrer: entrenamento nos pilares básicos da atención urxente.
- Practicar as manobras básicas de urxencia: Posición Lateral de Seguridade, Manobra de Heimlich, Manobras de Recuperación Cardiopulmonar (RCP)
Contidos
- Situacións urxentes e accidentes máis comúns na infancia e a adolescencia, como actuar.
– Traumatismos
– Urxencias oculares, óticas, nasais, odontolóxicas
– Intoxicacións
– Atragantamento: manobra de Heimlich por idades.
– Alteracións neurolóxicas: convulsións - Actuación urxente ante enfermidades crónicas.
– Diabetes
– Asma
– Alerxias
– Neno oncolóxico
– Neno epiléptico
– Outros: cardiopatía conxénita, fibrose quística. - Actuación urxente ante problemas de saúde comúns:
– Procesos febrís
– Feridas e contusións
– Náuseas e vómitos, dor abdominal, diarrea - Que facer e que non facer ante unha situación urxente.
– P.A.S
– Chamada eficaz ao 112
– Posición lateral de seguridade
– Manobras de resucitación cardiopulmonar
– Que é un DESA/DEA e como utilizalo
Relatores/as
- María Emma Rodríguez Corte. Enfermeira especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria, enfermeira no servizo de Urxencias Adultos do Hospital de Montecelo.
- Miguel Ángel Lázaro Míguez. Enfermeiro Supervisor de Urxencias Pediátricas no Hospital Provincial de Pontevedra.
Como preinscribirse
- No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica –título universitario– se se trata de persoas non docentes).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Pontevedra poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Pontevedra (986437043- pontevedra@anpe.es)