Preinscripción

VIII Xornadas do Ensino. Ciberseguridade no centro educativo

Duración 8 horas
Afiliados/as

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

10€

Datas

19 de novembro de 2022

Temporalización

Mañá: 09.00 a 14.00 horas
Tarde: 16.30 a 19.30 horas

Modalidade

Presencial

Lugar de celebración

Fundación Paideia – A Coruña

Turnos

19 novembro – 0€ ou 10€

Prezo: 10,00

Limpiar

Resumen

Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE CORUÑA na modalidade de Xornadas.

Descripción

Xornada para concienciar ao profesorado da importancia dunha xestión responsable das RRSS ofrecendo contido sobre as mesmas e sobre o funcionamento e exposición do noso alumnado nas mesmas así como o procedemento de actuación no centro educativo á este respecto.

Obxectivos

  • Coñecer os principais perigos do emprego de internet
  • Previr situacións de acoso e manipulación
  • Coñecer os protocolos de actuación no centro educativo
  • Establecer o marco lexislativo en canto á responsabilidade
  • Usar de maneira segura e responsable as RRSS
  • Achegarse á investigación de delitos na internet relacionados con menores

Contidos

  1. Principais perigos do emprego da internet
  2. Redes Sociais: liberdade ou manipulación
  3. Responsabilidade dos docentes
  4. Uso seguro e responsable das novas tecnoloxías: RRSS
  5. Delitos cometidos a través da internet relacionados con menores

Relatores/as

  • José Antonio Vázquez Taín. Xuíz da Sala do Penal da Coruña, escritor, tertuliano e conferenciante,
  • Rafael Rodríguez Martín.  Director do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro. Presidente Asociación Provincial Equipos Directivos de Infantil e Primaria da provincia de A Coruña, Colaborador en formación de grados da Facultade de Educación. Ponente en Módulos de Formación para a Función Directiva. Colaborador de Formación en Seminarios del CFR. Vicepresidente da Federación de Administradores Educativos de Galicia
  • Antonio Caaveiro Rodríguez. Oficial de Policía do Grupo de Delicuencia Tecnolóxica da Brigada Provincial da Policía Xudicial de A Coruña.
  • Julio Díaz Escolante. Presidente de ANPE Galicia

Como preinscribirse

  1. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  2. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  3. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
  4. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.

*Todos os/as inscritos/as deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Coruña poñerase en contacto con vostede para confirmar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Santiago (formacion@anpegalicia.es).