Preinscripción
XXIX Xornadas do Ensino. Aulas para todos
| Duración | 8 horas |
|---|---|
| Afiliados/as ANPE | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
| NO afiliados/as | 15€ |
| Fechas | 23 e 24 de outubro de 2026 |
| Temporalización | 17.30 a 21.30 (23 de outubro) |
| Modalidad | Presencial |
| Turno | 23 e 24 outubro – 0€ ou 15€ |
Precio: 15,00€
Resumen
MATRÍCULA ABERTA
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.
Descripción
As xornadas abordarán estratexias, ferramentas e o uso ético da intelixencia artificial para fomentar a educación inclusiva e a atención á diversidade, ademais de promover o benestar emocional nas aulas e analizar os retos actuais do sistema educativo a través de expertos no ámbito tecnolóxico e pedagóxico.
Obxectivos
- Mostrar diferentes ferramentas usadas para favorecer a inclusión de todo o alumnado.
- Reflexionar sobre o significado da educación inclusiva a partir da evidencia científica e da experiencia dos propios protagonistas da inclusión educativa.
- Analizar as principais barreiras e facilitadores que condicionan o desenvolvemento de prácticas inclusivas nos centros educativos.
- Compartir evidencias científicas que permitan comprender os principais retos e oportunidades da educación inclusiva.
- Proporcionar estratexias e orientacións para avanzar cara a culturas, políticas e prácticas educativas máis inclusivas.
- Compartir experiencias de inclusión e atención á diversidade.
Contidos
- Metodoloxías activas
- Creación de espazos de inclusión
- Participación da comunidade
- Protagonismo do alumnado e do profesorado
- Ferramentas para lograr a inclusión:
- Distribución do alumnado, reforzos e apoios.
- A educación emocional: semana do benestar emocional e convivencia, raíces de fortalezas e autoestima.
- Outras ferramentas: Proxecto Neo, etc.
- A educación inclusiva: de que falamos cando falamos de inclusión?
- Son realmente inclusivos os nosos centros educativos? Unha ollada á realidade actual.
- As voces dos docentes, o alumnado e as comunidades educativas.
- Barreiras que dificultan a inclusión nos centros educativos.
- Estratexias para construír escolas máis inclusivas desde a práctica docente.
- Uso ético e práctico da Intelixencia Artificial na aula.
Relatores/as
- María Comín Mayordomo
- Irene Crestar Fariña
- Edelmira María Parga Fariña
- Yolanda Barallobre Ferreño
- Susana Vázquez Regueiro
- José Francisco Venzalá González
Como preinscribirse
- No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)

Gallego
Español