Preinscripción
APPs Interactivas en el aula digital
Duración | 8 horas |
---|---|
Afiliados/as | 20€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 40€ |
Datas | 13 de maio ao 7 de xuño de 2024 |
Temporalización | Actividade de formación a distancia |
Modalidade | Actividade en liña realizada na Plataforma de Formación de ANPE Galicia (https://cursosanpegalicia.es/cursos/) |
Turnos | 13 de maio ao 7 de xuño – 40€ ou 20€ |
Precio: 40,00€
Resumen
CURSO FINALIZADO
Actividade de formación a distancia para coñecer, integrar e implementar un conxunto de aplicacións que servirán para acadar unha utilidade práctica e efectiva no desenvolvemento do noso traballo como docentes, así como no fomento da participación activa do alumnado.
Descripción
A aula dixital é xa unha realidade. O uso de aplicacións interactivas foma parte activa no desenvolvemento das actividades que se levan a cabo nas aulas en todas as etapas do ensino. A dixitalización educativa xa está presente nas programacións didácticas, polo que se fai necesario o coñecemento e a adquisicón de contidos, metodoloxías, materiais e técnicas específicas para abordar esta evolución dunha forma máis efectiva. Nesta actividade de formación en rede, todos/as os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, integrar e implementar un grupo de aplicacións que servirán para conseguir unha utilidade práctica e efectiva no desenvolvemento do noso traballo como docentes, así como no fomento da participación activa do alumnado.
Competencia Dixital Docente
Esta actividade é válida para acreditar o nivel B1 nas seguintes áreas:
- Avaliación e retroalimentación (área 4).
- Empoderamento do alumnado (área 5).
Según o ACORDO asinado entre a Consellería de Educación e a nosa organización sindical o 11 de otubro de 2023, «transcorridos seis anos desde a sinatura (…), para o perfeccionamento do compoñente do complemento específico por formación, requirirase que o profesorado teña acadado o nivel B1 de competencia dixital docente«.
Obxectivos
- Coñecer, integrar e aplicar na aula recursos dixitais e motivadores facendo uso de aplicacións e ferramentas específicas.
- Adquirir e implementar a competencia dixital por parte dos docentes en actividades relacionadas coa avaliación e retroalimentación e co empoderamento do alumnado.
- Analizar e empregar as metodoloxías activas mediante o uso das TIC na aula.
Contidos
- Utilización das plataformas educativas e das aplicacións Educaplay, Plickers e Kahoot para aprender a crear unha ampla variedade de actividades educativas interactivas para o alumnado.
- Adaptación das actividades creadas e configuradas con estas aplicacións ás necesidades específicas do alumnado e aos obxectivos de aprendizaxe que se desexe alcanzar (tempos, formatos, uso de imaxes e contido gráfico, etc.).
- Compartir as actividades de creación propia con outros docentes e/ou alumnado ou utilizar as que están dispoñibles (creadas por terceiros) para enriquecer a propia experiencia formativa.
- Ligar as actividades dixitais coa propia aula virtual ou EDIXGAL a través da inserción de recursos LTI.
- Crear recursos de avaliación sobre o rendemento dos estudantes, estatísticas de respostas, resultados finais, etc., xunto co fomento da retroalimentación dos resultados e da aprendizaxe do alumnado ademais de promover a avaliación formativa.
- Elaboración de programacións de aula aproveitando os recursos dixitais proporcionados polo centro, fomentando a creatividade das actividades, a diversidade dos métodos de avaliación e a motivación do alumnado.
Ponente
- Alejandra Abuín Sixto, profesora de Economía e Vicedirectora no IES do Camiño de Palas de Rei (Lugo).
Como preinscribirse
- No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todos os usuarios deben achegar documentación específica durante o proceso de preinscrición desta actividade (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral (docentes) –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais-, ou unha copia da titulación académica para titulados/as sen experiencia docente).
Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente coa Secretaría de Formación de ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).