Preinscripción
XXV Xornadas do Ensino
Duración | 10 horas |
---|---|
Afiliados/as | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 15€ |
Datas | 21 e 22 de outubro de 2022 |
Temporalización | 17.00 a 21.30 (21 de outubro) |
Modalidade | Presencial |
Turnos | 21 e 22 outubro – 0€ ou 15€ |
Precio: 15,00€
Resumen
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE LUGO na modalidade de Xornadas.
Descripción
Actividade de formación do profesorado, que versará sobre novas tecnoloxías e seguridade. Unha viaxe segura polo ciberespacio.
Obxectivos
- Introducir e normalizar a formación en seguridade e uso seguro de Internet
- Detectar e investigar incidentes de ciberseguridade, documentándoos e incluíndoos no plan do centro
- Concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrentan cando empregan as tecnoloxías dixitais
- Reforzar positivamente o uso responsable e equilibrado da visualización de contidos en liña
- Explicar a importancia dun recurso motivador como elemento dinamizador da aula e facilitador da aprendizaxe
- Divulgar a ciencia e a tecnoloxía por medio da maxia
- Crear espazos para identificar, valorar, sistematizar, normalizar, aplicar e difundir as experiencias novedosas que contribúan á solución de problemas educativos
- Compartir e transferir as experiencias educativas innovadoras para ampliar e xeneralizar a experiencia
- Establecer o marco dos dereitos e deberes dos docentes e determinar o alcance das súas responsabilidades nos ámbitos administrativo, civil e penal
- Dar a coñecer os distintos modus operandi relativos aos delictos nos que se poidan ver afectados os membros da comunidade educativa dun centro. (Acoso, ciberbullying, sexting, ameazas)
Contidos
- Aumento de tecnoloxía en centros educativos
- Ciberseguridade nas aulas
- A maxia como dinamizadora da vida do centro
- Relación da maxia coas competencias educativas
- A análise da situación da convivencia no ámbito do centro educativo
- Discusión sobre a importancia da innovación educativa no contexto escolar
- Acoso e ciberacoso: Detección e prevención
- Conceptos básicos na protección dos datos persoais
Relatores/as
- Pedro García Aguado
- Francisco Castaño Mena
- Carmen Guaita Fernández
- José Antonio Vázquez Taín
- Francisco Venzalá González
- Xuxo Ruíz Domínguez
Como preinscribirse
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
- Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcadas para asistir a esta actividade de formación.
*Todos os/as inscritos/as deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Lugo poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Lugo (982227912 – lugo@anpe.es)