Preinscripción

Iniciación a los deportes en Educación Primaria

Duración -
Afiliados/as ANPE

0€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

0€

Datas

22, 27 e 29 de outubro de 2025

Temporalización

17.00 a 21.00 (22, 27 e 29 de outubro)

Modalidade

Presencial

Quenda

22, 27 e 29 outubro – 0€

Precio: 0,00

Limpiar

Resumen

MATRÍCULA ABERTA

Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE PONTEVEDRA na modalidade de curso.

Descripción

Dotar de habilidades para a realización e posta en práctica de unidades didácticas que permitan implementar accións de cooperación entre centros educativos facilitando coas mesmas un traballo coordinado.

Obxectivos

  • Coñecemento das estratexias básicas na elaboración de unidades didácticas de iniciación os deportes.
  • Coñecer as fases básicas na iniciación didáctica nos deportes no contexto educativo.

Contidos

  • PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA PARA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
    • INICIACIÓN AOS DEPORTES DE AGARRE NA ESCOLA
      • A loita olímpica como referencia.
      • Xogos motores adaptados aos deportes de agarre.
    • INICIACIÓN AOS DEPORTES DE RAQUETA. O BÁDMINTON NA ESCOLA
      • O bádminton como referencia.
      • Xogos motores adaptados aos deportes de raqueta.
  • PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA PARA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
    • INICIACIÓN AO ATLETISMO NA ESCOLA
      • O atletismo en pista como referencia.
      • Xogos motores adaptados ao atletismo.
    • INICIACIÓN AO BALONMÁN NA ESCOLA
      • O balonmán como referencia.
      • Xogos alternativos.
    • INICIACIÓN AO BALONKORF NA ESCOLA
      • O balonkorf como referencia.
  • PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
    • INICIACIÓN AO VOLEIBOL NA ESCOLA
      • O voleibol como referencia.
      • Xogos alternativos.
    • INICIACIÓN O PICKLEBALL NA ESCOLA
      • O pickleball como referencia.
  • PROPOSTA DE ENCONTRO MULTIDEPORTIVO PARA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Relatores/as

  • Ana Alonso Fragua, graduada en ciencias da Actividade Física e do Deporte e Máster en Alto Rendemento Deportivo. Adestradora da A.D Carballal División de Honra Feminina de balonmán e analista de vídeo da Selección Española Absoluta Feminina de Balonmán.
  • Juan José Martínez Ordónez, Instrutor de Kung-Fu cinturón negro 4º Dan da Federación Galega de Kung -Fu. Adestrador de Defensa Persoal Feminina Nivel 1.
  • José Carlos Otero López, licenciado en pedagoxía e instrutor de Pickleball pola Federación Española de Tenis e membro fundador da Asociación de Pickleball de Galicia (APIGA).
  • Xan Rodiño García, Licenciado en Ciencias da Educación. Certificado de profesionalidade en Animación de actividades físico-deportivas e recreativas.

Como preinscribirse

  1. No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
  5. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.

*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica –título universitario– se se trata de persoas non docentes).

Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Pontevedra poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Pontevedra (986437043- pontevedra@anpe.es)