Preinscripción

Creación de contenidos para el aula digital

Duración 8 horas
Afiliados

15€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

No afiliado

40€

Fechas

25 de abril ao 20 de maio de 2022

Horario

Actividade de formación a distancia

Modalidad

Actividade en liña realizada na Plataforma de Formación de ANPE Galicia (https://cursosanpegalicia.es/cursos/)

Turnos

25 de abril a 20 de maio – 40€ ou 15€

Precio: 40,00

Limpiar

Resumen

Actividade de formación a distancia para coñecer, prácticar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.

Descripción

Curso Creación de contidos

A utilización de ferramentas e aplicacións dixitais está a verse reforzado a partires da evolución xordida nos últimos anos. Xa sexa condicionada pola situación sanitaria na que nos atopamos ou ben pola propia modernización do ensino, o profesorado atópase fronte a un crecente número de aplicacións educativas dixitais coas que implementar contidos e tarefas para o seu traballo diario. A dixitalización educativa está a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais preséntanse para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nesta actividade de formación en rede, todos/as os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.

Objetivos

  • Aumentar a competencial dixital docente.
  • Entender as novas tecnoloxías como recursos proveitosos para facilitar a aprendizaxe.
  • Iniciar ao profesorado na creación de recursos e actividades interactivas para o proceso de ensino-aprendizaxe.
  • Dar a coñecer ferramentas online que enriquecen o proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado.

Contenido

  • Incremento da competencia dixital docente (CDD).
  • Iniciación na creación de contidos en ferramentas de software libre.
  • Creación de actividades interactivas para aula virtual.
  • Iniciación á creación de recursos con ferramentas específicas (Canva, Genially)
  • Presentación e manexo de recursos web como centro de interese do alumnado.

Ponente

  • Jairo Campo, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.

@JairoCampo_ mestrejairo_ef

 

Como preinscribirse

  1. No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico.
  5. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcados para asistir a esta actividade de formación.

*Todos os usuarios (rexistrados e non rexistrados) deben aportar documentación específica durante o proceso de preinscrición desta actividade (cunha copia do seu NIF e cun documento que mostre a súa situación laboral –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, poñeremonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.



Política de cookies

El responsable de este sitio web es ANPE Sindicato Independiente.

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. De estas, las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador y son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. No se utilizan cookies de terceros. Si deseas rechazarlas o adaptar su configuración, pulsa en “Configurar”. Para más información, puedes consultar nuestra política de cookies.