Preinscripción

Creación de contenidos para el aula digital

Duración 8 horas
Afiliados/as

20€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NO afiliados/as

40€

Fechas

6 de novembro ao 4 de decembro de 2024

Temporalización

Actividade de formación a distancia

Modalidad

Actividade en liña realizada na Plataforma de Formación de ANPE Galicia (https://cursosanpegalicia.es/cursos/)

Turno

6 de novembro ao 4 de decembro – 40€ ou 20€

Precio: 40,00

Limpiar

Resumen

MATRÍCULA ABERTA

Actividade de formación a distancia para coñecer, prácticar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado. NIVEL B1 (áreas 1 e 3) de Certificación Dixital Docente.

Descripción

Curso Creación de contidos

A utilización de ferramentas e aplicacións dixitais está a verse reforzado a partires da evolución xordida nos últimos anos. Xa sexa condicionada pola situación sanitaria na que nos atopamos ou ben pola propia modernización do ensino, o profesorado atópase fronte a un crecente número de aplicacións educativas dixitais coas que implementar contidos e tarefas para o seu traballo diario. A dixitalización educativa está a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais preséntanse para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nesta actividade de formación en rede, todos/as os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.

 

Competencia Dixital Docente

Esta actividade é válida para acreditar o nivel B1 nas seguintes áreas:

  • Compromiso profesional (área 1).
  • Ensino e aprendizaxe (área 3).

Obxectivos

  • Coñecer, integrar e aplicar na aula recursos dixitais facendo uso de ferramentas en liña concretas.
  • Integrar e compartir recursos dixitais de elaboración propia en diferentes formatos e contextos educativos.
  • Deseñar e implementar no proceso de ensino aprendizaxe propostas metodolóxicas para o empreco de novas tecnoloxías dixitais na aula.

Contidos

  • Manexo de ferramentas dixitais que permiten a interacción docente-discente (Padlet, Mentimeter).
  • Creación de recursos con ferramentas dixitais en liña (Canva, Genially).
  • Elaboración e exportación de libros e cómics dixitais con BookCreator.
  • Integración e difusión de recursos creados en entornos virtuais de aprendizaxe.
  • Elaboración de programacións de aula aproveitando os recursos dixitais proporcionados polo centro, fomentando a creatividade das actividades, a diversidade dos métodos de avaliación e a motivación do alumnado.

Ponente

  • Jairo Campo Vázquez, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.

@JairoCampo_ mestrejairo_ef

 

Como preinscribirse

  1. No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
  5. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as instrucións* que aparecen en pantalla.

*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida ou problema con esta actividade, contacte directamente con ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).