Preinscripción

Creación de contenidos para el aula digital

Duración 8 horas
Afiliados/as

15€ (prioridade sobre os non afiliados/as)

NON afiliados/as

35€

Datas

19 de febreiro ao 15 de marzo de 2024

Temporalización

Actividade de formación a distancia

Modalidade

Actividade en liña realizada na Plataforma de Formación de ANPE Galicia (https://cursosanpegalicia.es/cursos/)

Turnos

19 de febreiro ao 15 de marzo – 35€ ou 15€

Precio: 35,00

Limpiar

Resumen

CURSO REMATADO

Actividade de formación a distancia para coñecer, prácticar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado. NIVEL B1 de Certificación Dixital Docente.

Descripción

A utilización de ferramentas e aplicacións dixitais está a verse reforzado a partires da evolución xordida nos últimos anos. Xa sexa condicionada pola situación sanitaria na que nos atopamos ou ben pola propia modernización do ensino, o profesorado atópase fronte a un crecente número de aplicacións educativas dixitais coas que implementar contidos e tarefas para o seu traballo diario. A dixitalización educativa está a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais preséntanse para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nesta actividade de formación en rede, todos/as os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.

 

Competencia Dixital Docente

Esta actividade é válida para acreditar o nivel B1 nas seguintes áreas:

  • Compromiso profesional (área 1).
  • Contidos dixitais (área 2).
  • Ensino e aprendizaxe (área 3).

Según o ACORDO asinado entre a Consellería de Educación e a nosa organización sindical o 11 de otubro de 2023, «transcorridos seis anos desde a sinatura (…), para o perfeccionamento do compoñente do complemento específico por formación, requirirase que o profesorado teña acadado o nivel B1 de competencia dixital docente«.

Obxectivos

  • Manexar ferramentas concretas para creación de contidos dixitais.
  • Crear contidos dixitais propios de carácter educativo.
  • Integrar e compartir recursos dixitais de elaboración propia en diferentes formatos e contextos educativos.
  • Dar a coñecer ferramentas en liña que enriquecen o proceso de ensino- aprendizaxe do noso alumnado e lle capacita para o seu uso de forma autónoma.

Contidos

  • Incremento da competencia dixital docente (CDD).
  • Manexo de ferramentas dixitais que permiten a interacción docente-discente (Padlet, Mentimeter).
  • Creación de recursos con ferramentas dixitais online (Canva, Genially).
  • Elaboración e exportación de libros e cómics dixitais con BookCreator.
  • Integración e difusión de recursos creados en entornos virtuais de aprendizaxe.

Ponente

  • Jairo Campo, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.

@JairoCampo_ mestrejairo_ef

 

Como preinscribirse

  1. No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
  2. Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
  3. Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
  4. Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na entrada.
  5. Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcados para asistir a esta actividade de formación.

*Todos os usuarios (rexistrados e non rexistrados) deben aportar documentación específica durante o proceso de preinscrición desta actividade (cunha copia do seu NIF e cun documento que mostre a súa situación laboral –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– ou académica).

Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.

Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).