Preinscripción
Iniciación a los deportes en Educación Primaria
Duración | - |
---|---|
Afiliados/as ANPE | 0€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 0€ |
Datas | 22, 27 e 29 de outubro de 2025 |
Temporalización | 17.00 a 21.00 (22, 27 e 29 de outubro) |
Modalidade | Presencial |
Quenda | 22, 27 e 29 outubro – 0€ |
Precio: 0,00€
Resumen
MATRÍCULA ABERTA
Actividade homologada de formación do profesorado organizada por ANPE PONTEVEDRA na modalidade de curso.
Descripción
Dotar de habilidades para a realización e posta en práctica de unidades didácticas que permitan implementar accións de cooperación entre centros educativos facilitando coas mesmas un traballo coordinado.
Obxectivos
- Coñecemento das estratexias básicas na elaboración de unidades didácticas de iniciación os deportes.
- Coñecer as fases básicas na iniciación didáctica nos deportes no contexto educativo.
Contidos
- PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA PARA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
- INICIACIÓN AOS DEPORTES DE AGARRE NA ESCOLA
- A loita olímpica como referencia.
- Xogos motores adaptados aos deportes de agarre.
- INICIACIÓN AOS DEPORTES DE RAQUETA. O BÁDMINTON NA ESCOLA
- O bádminton como referencia.
- Xogos motores adaptados aos deportes de raqueta.
- INICIACIÓN AOS DEPORTES DE AGARRE NA ESCOLA
- PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA PARA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
- INICIACIÓN AO ATLETISMO NA ESCOLA
- O atletismo en pista como referencia.
- Xogos motores adaptados ao atletismo.
- INICIACIÓN AO BALONMÁN NA ESCOLA
- O balonmán como referencia.
- Xogos alternativos.
- INICIACIÓN AO BALONKORF NA ESCOLA
- O balonkorf como referencia.
- INICIACIÓN AO ATLETISMO NA ESCOLA
- PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
- INICIACIÓN AO VOLEIBOL NA ESCOLA
- O voleibol como referencia.
- Xogos alternativos.
- INICIACIÓN O PICKLEBALL NA ESCOLA
- O pickleball como referencia.
- INICIACIÓN AO VOLEIBOL NA ESCOLA
- PROPOSTA DE ENCONTRO MULTIDEPORTIVO PARA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Relatores/as
- Ana Alonso Fragua, graduada en ciencias da Actividade Física e do Deporte e Máster en Alto Rendemento Deportivo. Adestradora da A.D Carballal División de Honra Feminina de balonmán e analista de vídeo da Selección Española Absoluta Feminina de Balonmán.
- Juan José Martínez Ordónez, Instrutor de Kung-Fu cinturón negro 4º Dan da Federación Galega de Kung -Fu. Adestrador de Defensa Persoal Feminina Nivel 1.
- José Carlos Otero López, licenciado en pedagoxía e instrutor de Pickleball pola Federación Española de Tenis e membro fundador da Asociación de Pickleball de Galicia (APIGA).
- Xan Rodiño García, Licenciado en Ciencias da Educación. Certificado de profesionalidade en Animación de actividades físico-deportivas e recreativas.
Como preinscribirse
- No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instrucións* que aparecen en pantalla.
- Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado REXISTRARSE (NIF, correo electrónico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. IMPORTANTE: Despois de enviar estes datos, recibirá unha mensaxe no seu correo electrónico cunha ligazón que deberá pulsar para activar a súa conta de forma definitiva. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na de entrada. Por último, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as intrucións* que aparecen en pantalla.
*Todas as persoas inscritas deberan aportar documentación específica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a súa situación laboral – unha copia dunha nómina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais– ou académica –título universitario– se se trata de persoas non docentes).
Unha vez enviada a preinscrición, ANPE Pontevedra poñerase en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algún problema ou dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Pontevedra (986437043- pontevedra@anpe.es)