Preinscripción
Creación de contenidos para el aula digital
Duración | 8 horas |
---|---|
Afiliados/as | 15€ (prioridade sobre os non afiliados/as) |
NON afiliados/as | 35€ |
Datas | 19 de febreiro ao 15 de marzo de 2024 |
Temporalización | Actividade de formación a distancia |
Modalidade | Actividade en liña realizada na Plataforma de Formación de ANPE Galicia (https://cursosanpegalicia.es/cursos/) |
Turnos | 19 de febreiro ao 15 de marzo – 35€ ou 15€ |
Precio: 35,00€
Resumen
CURSO REMATADO
Actividade de formación a distancia para coñecer, prácticar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado. NIVEL B1 de Certificación Dixital Docente.
Descripción
A utilización de ferramentas e aplicacións dixitais está a verse reforzado a partires da evolución xordida nos últimos anos. Xa sexa condicionada pola situación sanitaria na que nos atopamos ou ben pola propia modernización do ensino, o profesorado atópase fronte a un crecente número de aplicacións educativas dixitais coas que implementar contidos e tarefas para o seu traballo diario. A dixitalización educativa está a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais preséntanse para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nesta actividade de formación en rede, todos/as os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de ferramentas que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado.
Competencia Dixital Docente
Esta actividade é válida para acreditar o nivel B1 nas seguintes áreas:
- Compromiso profesional (área 1).
- Contidos dixitais (área 2).
- Ensino e aprendizaxe (área 3).
Según o ACORDO asinado entre a Consellería de Educación e a nosa organización sindical o 11 de otubro de 2023, «transcorridos seis anos desde a sinatura (…), para o perfeccionamento do compoñente do complemento específico por formación, requirirase que o profesorado teña acadado o nivel B1 de competencia dixital docente«.
Obxectivos
- Manexar ferramentas concretas para creación de contidos dixitais.
- Crear contidos dixitais propios de carácter educativo.
- Integrar e compartir recursos dixitais de elaboración propia en diferentes formatos e contextos educativos.
- Dar a coñecer ferramentas en liña que enriquecen o proceso de ensino- aprendizaxe do noso alumnado e lle capacita para o seu uso de forma autónoma.
Contidos
- Incremento da competencia dixital docente (CDD).
- Manexo de ferramentas dixitais que permiten a interacción docente-discente (Padlet, Mentimeter).
- Creación de recursos con ferramentas dixitais online (Canva, Genially).
- Elaboración e exportación de libros e cómics dixitais con BookCreator.
- Integración e difusión de recursos creados en entornos virtuais de aprendizaxe.
Ponente
- Jairo Campo, mestre no CEIP Virxe do Carme (Burela – Lugo) e experto en TIC e gamificación.
@JairoCampo_ mestrejairo_ef
Como preinscribirse
- No apartado TURNOS, seleccione a data desta actividade.
- Pulse en ENGADIR AO CARRIÑO.
- Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICIÓN.
- Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL. Se é a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos complete os datos para REXISTRARSE* e siga as instruccións que lle saian na pantalla. IMPORTANTE: Despois de rematar o seu rexistro, terá que activar todo o proceso dende unha mensaxe que chegará ao seu correo electrónico. Revise a carpeta de SPAM se non a atopa na entrada.
- Unha vez que teña accedido ou rexistrado, sega as instruccións que aparecen en pantalla para enviar a súa inscrición. Lembre que todas as inscricións deberán ser validadas posteriormente segundo os criterios de acceso marcados para asistir a esta actividade de formación.
*Todos os usuarios (rexistrados e non rexistrados) deben aportar documentación específica durante o proceso de preinscrición desta actividade (cunha copia do seu NIF e cun documento que mostre a súa situación laboral –cunha copia dunha nómina ou cabeceira desta, nomeamento ou captura de pantalla de datos persoais– ou académica).
Unha vez enviada a preinscrición, poñerémonos en contacto con vostede para formalizar a súa matrícula e realizar o pago correspondente.
Se ten algúnha dúbida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Galicia (formacion@anpegalicia.es).