{"id":7154,"date":"2024-12-04T12:44:14","date_gmt":"2024-12-04T11:44:14","guid":{"rendered":"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/?post_type=product&#038;p=7154"},"modified":"2025-01-28T20:10:40","modified_gmt":"2025-01-28T19:10:40","slug":"x-xornadas-do-ensino-saude-mental-nas-aulas","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/es\/curso\/x-xornadas-do-ensino-saude-mental-nas-aulas\/","title":{"rendered":"X Jornadas de la Ense\u00f1anza: la salud mental en las aulas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><img loading=\"lazy\" class=\"alignnone wp-image-7157\" src=\"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/X_XOR_OU_SAUDE_MENTAL-scaled.jpg\" alt=\"X XORNADAS - ANPE OURENSE\" width=\"500\" height=\"707\"><\/p>\n<h3 style=\"text-align: center;\"><\/h3>\n<p style=\"text-align: justify;\">Xornadas de formaci\u00f3n do profesorado organizado por ANPE OURENSE. Os problemas de sa\u00fade mental nos nosos nenos e adolescentes \u00e9 un problema cada vez m\u00e1is preocupante. No \u00e1mbito escolar son moitas as variables que pos\u00faen un papel mediador sobre o benestar psicoemocional dos estudantes e que ser\u00e1n tratadas nestas xornadas.<\/p>\n<h3><span style=\"color: #000000;\"><strong>Programa<\/strong><\/span><\/h3>\n<a href=\"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/PROGRAMA_X_Xornadas_ANPE_OURENSE.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\"  data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">Programa - X XORNADAS DO ENSINO - ANPE OURENSE<br\/><\/a>\n<h3><span style=\"color: #000000;\"><strong>Obxectivos<\/strong><\/span><\/h3>\n<ul>\n<li>Co\u00f1ecer a situaci\u00f3n do suicidio en Espa\u00f1a e, m\u00e1is especialmente, na poboaci\u00f3n adolescente.<\/li>\n<li>Diferenciar as fases da conducta suicida.<\/li>\n<li>Repasar os principais motivos de consulta en sa\u00fade mental infanto-xuvenil.<\/li>\n<li>Axudar aos docentes a identificar durante a xornada acad\u00e9mica signos\/conductas que fagan pensar en nenos e adolescentes que requiren unha atenci\u00f3n sanitaria precoz en Sa\u00fade Mental.<\/li>\n<li>Sensibilizar aos profesionais do \u00e1mbito educativo e sanitario sobre as autolesi\u00f3ns e o impacto destas nos xoves.<\/li>\n<li>Aprender a abordar estas situaci\u00f3ns, desmentindo mitos arraigados sobre o suicidio e explicando pautas de actuaci\u00f3n.<br \/>\nDotar \u00e1s\/aos asistentes de ferramentas b\u00e1sicas para o manexo de condutas autol\u00edticas.<\/li>\n<li>Detallar as funci\u00f3ns do profesor como parte do equipo terap\u00e9utico multidisciplinar no tratamento de nenos e adolescentes que precisan hospitalizaci\u00f3n (tanto parcial en hospital de d\u00eda como completa) para garantir a continuidade do proceso educativo.<\/li>\n<li>Aproveitar o espazo como un axente para a educaci\u00f3n, o ensino e a aprendizaxe.<\/li>\n<li>Potenciar a socializaci\u00f3n e a mellora do benestar emocional da comunidade educativa a trav\u00e9s da s\u00faa participaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Facilitar un espacio participativo no que os o\u00edntes poidan expo\u00f1er as s\u00faas d\u00fabidas e\/ou compartir os distintos manexos que fixeron con experiencias similares.<\/li>\n<li>Valorar a escola como espazo de convivencia e socializaci\u00f3n de nenos e adolescentes e como infl\u00fae tanto na x\u00e9nese como no tratamento dos trastornos mentais nestes.<\/li>\n<li>Resaltar a importancia da coordinaci\u00f3n entre profesionais sanitarios e docentes para lograr una boa abordaxe do neno e adolescente con problemas de sa\u00fade mental.<\/li>\n<\/ul>\n<h3><strong><span style=\"color: #000000;\">Contidos<\/span><\/strong><\/h3>\n<ol>\n<li>Introduci\u00f3n te\u00f3rica ao concepto \u201cautolesi\u00f3n\u201d e aspectos relacionados con esa conduta.<\/li>\n<li>Detecci\u00f3n de sinais de alarma.<\/li>\n<li>Intervenci\u00f3ns para o manexo das autolesi\u00f3ns no \u00e1mbito educativo.<\/li>\n<li>Desestigmatizaci\u00f3n da problem\u00e1tica da sa\u00fade mental.<\/li>\n<li>Escenarios de apredizaxe diversos, contextualizados e abertos \u00e1 comunidade.<\/li>\n<li>Espazos para a inclusi\u00f3n e a socializaci\u00f3n.<\/li>\n<li>Prevenci\u00f3n do suicidio.<\/li>\n<\/ol>\n<h3><strong><span style=\"color: #000000;\">Relatores\/as<\/span><\/strong><\/h3>\n<ul>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Yolanda Barallobre Ferre\u00f1o. <\/strong>Xefa do Departamento de Orientaci\u00f3n no IES Poeta D\u00edaz Castro de Guitiriz.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Teresa Susana V\u00e1zquez Regueiro. <\/strong>Mestra. Na actualidade, ocupa o posto de Pedagox\u00eda Terap\u00e9utica no IES Poeta D\u00edaz Castro de Guitiriz e exerce o cargo de Xefa de Estudos.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Manuel Antonio Veiga Rodr\u00edguez. <\/strong>Graduado en Enfermer\u00eda pola USC. T\u00e9cnico auxiliar de cl\u00ednica.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Mar\u00eda Tajes Alonso. <\/strong>M\u00e9dico especialista en psiquiatr\u00eda do neno e do adolescente. Xefa do Servizo de Psiquiatr\u00eda da \u00e1rea sanitaria de Ourense, Ver\u00edn e Valdeorras.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Mario Alberto Rivas Carro. <\/strong>Diplomado en Enfermer\u00eda pola USC. Licenciado en Psicolox\u00eda pola UNED. Profesor titular da USC do Departamento de Enfermer\u00eda de Sa\u00fade Mental.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Alexandre Garc\u00eda Caballero. <\/strong>Psiquiatra e doutor en medicina.<\/li>\n<li style=\"text-align: justify;\"><strong>Jos\u00e9 Francisco Venzal\u00e1 Gonz\u00e1lez. <\/strong>Presidente de ANPE NACIONAL.<\/li>\n<\/ul>\n<h3><strong>Como preinscribirse<\/strong><\/h3>\n<ol>\n<li>No apartado QUENDA, seleccione a data desta actividade.<\/li>\n<li>Pulse en ENGADIR AO CARRI\u00d1O.<\/li>\n<li>Pulse no icono da esquina superior dereita e logo en FINALIZAR PREINSCRICI\u00d3N.<\/li>\n<li>Se xa se inscribiu anteriormente nalgunha das nosas actividades acceda co seu NOME DE USUARIO (NIF) e CONTRASINAL e sega as instruci\u00f3ns* que aparecen en pantalla.<\/li>\n<li>Se \u00e9 a primeira vez que se inscribe nos nosos cursos, complete os datos no apartado <a href=\"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/a-mina-conta\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">REXISTRARSE<\/a> (NIF, correo electr\u00f3nico e Contrasinal) e pulse en REXISTRARSE. <span style=\"color: #0000ff;\"><strong>IMPORTANTE<\/strong><\/span>: Despois de enviar estes datos, <strong>recibir\u00e1 unha mensaxe no seu correo electr\u00f3nico cunha ligaz\u00f3n que deber\u00e1 pulsar para activar a s\u00faa conta de forma definitiva<\/strong>. <span style=\"color: #0000ff;\">Revise a carpeta de <strong>SPAM<\/strong> se non a atopa na de entrada<\/span>. Por \u00faltimo, repita os pasos 1, 2 e 3 e, tras anotar o seu NOME DE USUARIO e CONTRASINAL, sega as instruci\u00f3ns* que aparecen en pantalla.<\/li>\n<li style=\"list-style-type: none;\">\n<\/li>\n<\/ol>\n<p>*<strong>Todas as persoas inscritas<\/strong> deberan aportar documentaci\u00f3n espec\u00edfica durante o proceso de rexistro (unha copia do seu NIF e un documento que mostre a s\u00faa situaci\u00f3n laboral &#8211; <span style=\"color: #0000ff;\">unha copia dunha n\u00f3mina ou cabeceira desta, un nomeamento, unha captura de pantalla de datos persoais<\/span>&#8211; ou acad\u00e9mica).<\/p>\n<p><strong>Unha vez enviada a preinscrici\u00f3n, ANPE OURENSE po\u00f1erase en contacto con vostede para formalizar a s\u00faa matr\u00edcula e realizar o pago correspondente.<\/strong><\/p>\n<p>Se ten alg\u00fanha d\u00fabida sobre esta actividade, contacte directamente con ANPE Ourense (988255852 &#8211; ourense@anpe.es)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><mark class=\"et-highlight back-active\" style=\"background-color: 065418;\">MATR\u00cdCULA PECHADA<\/mark><\/p>\n<p><span style=\"color: #ff0000;\">SE A\u00cdNDA DESEXAS ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE CONTACTA DIRECTAMENTE NO TEL\u00c9FONO <strong>608404555<\/strong>.<\/span><\/p>\n<p>Actividade homologada de formaci\u00f3n do profesorado organizada por ANPE OURENSE na modalidade de Xornadas.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":0,"template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/product\/7154"}],"collection":[{"href":"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cursosanpegalicia.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7154"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}